CONTOS POR PALABRAS

95817

Produto novo

Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.

&quot Unha chave non é suficiente &quot é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que &quot se duplica calquera chave, con ou sen mostra &quot .

" &quot O caso do unicornio azul &quot conta a historia dunha unicornia que acode

a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.

" &quot Vanesa e o anuncio da televisión &quot conta a historia dunha nai empeñada

en que a súa filla sexa unha artista da televisión.

" &quot Un artista de neón &quot : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos.

"¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato &quot O caso do estraño empregado &quot ?

Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en &quot Ser superheroe non é doado &quot e &quot Noites de lúa chea &quot .

&quot O libro das infinitas historias &quot , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
AutorAGUSTIN FERNANDEZ
Nº de páginas128
ISBN978-84-8302-634-2

Produtos relacionados