Ver más grande

VINTE ANOS RETORNANDO

127821

Producto nuevo

Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súa condición de "emigrante retornado" con billete de ida e volta, o escritor de Gres reconstrúe con prosa brillante e minuciosa tanto a peripecia vital daqueles días, os emocionantes reencontros con familiares amigos, así como a súa documentada interpretación dos acontecementos políticos e culturais dun período coincidente coa chamada Transición. Unha crónica apaixonante dun amor compartido e compatible entre Cuba e Galicia, as súas dúas patrias. A primeira entrega memorialística dunha das grandes figuras da cultura galega contemporánea.
AutorNEIRA VILAS, XOSE
Año Edición2006
Nº de páginas240
ISBN978-84-9782-477-4