TRECE ANOS DE BRANCA

123183

Produto novo

Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor? son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
AutorFERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
Año Edición2006
Nº de páginas128
ISBN978-84-96352-52-0

Produtos relacionados