Ver máis grande

TRAS AS PORTAS DO ROSTRO

103704

Produto novo

Atención: Últimos artigos en stock!

7,21 € impostos incluidos

A estes nomes ilustres e queridos polos amadores da Poesía compre engadir o de Marica Campo, que irrompe con forza incontible no panorama poético, despois de moitos anos de aprendizaxe disciplinado e riguroso. Non se trata dunha poeta adolescente e impacente que, con toda a paixón do mundo e inxenuamente, nos entrega o seu primeiro libro. Marica Campo é unha muller feita e dereita que viviu con emoción e paixón, xenerosidade e intelixencia, formándose concienzudamente e a sua obra resulta ser o froito en sazón da experiencia uno máis fondo e trascendente sentido da palabra- e non da irreflesión ou da colleita feita en agraz e prematuramente. Neste seu primeiro libro Tras as portas do rostro non hai chatas que lle poñer. Trátase dunha voz madura, fonda e persoalísima que agroma como un poderoso cachón, sulagándonos totalmente, solprendéndonos, deslumbrándonos e conmovéndonos, cualidades que nós lle esiximos á auténtica Poesía.De "Soleira". (Prólogo do libro)Manuel MaríaCorazón, peneira sombrasmentres que non chega o día.Fende lúasnas fervenzas núas dos anceios.Rie saloucae berra.Molla a terra coas bágoas do exilioe enxúgaa despois a gargalladas.Ai, corazón,non volvas ás andadas,que me dás medo:é cedo a morte, corazón,é cedo.(1971)
AutorMARICA CAMPO DOMÍNGUEZ
Nº de páginas88
ISBN978-84-87674-22-8

Produtos relacionados