BLUES DA RIA

97519

Produto novo

O Detective vive entre dous mundos. Un, real, nunha chuviosa cidade galega, aberta a unha ría e ao Atlántico, na que se moven persoas con ambicións, sen escrúpulos, metidas en negocios pouco limpos, nos que o asasinato forma parte do xogo. Outro mundo, o imaxinario, é a vida en branco e negro das películas de Bogart, cheo de homes con sombreiro, mozas louras perigosas que beben martinis e onde se repiten as mesmas persoas ambiciosas e inmorais. O Detective vive instalado na fronteira que separa aos dous mundos, pasa mentalmente da realidade á fantasía na busca dunha solución a crimes antigos, a mortes novas e a amizades perdidas, pero en ámbolos dous mundos está condenado a arrastrar a épica poética dos perdedores.
Blues da Ría de J. A. Xesteira, divertidísima novela paródica do xénero negro, foi finalista do Premio de novela por entregas convocado polo xornal La Voz de Galicia. Unha contribución á revitalización da novela negra en lingua galega.
AutorJA XESTEIRA
Nº de páginas144
ISBN978-84-8302-708-0

Produtos relacionados