Ver más grande

PURGA

179594

Producto nuevo

Advertencia: ¡Últimos artículos en stock!

19,25 € impuestos incluidos.

Estonia, 1992,pouco tempo despois da independencia do país como república bática. Aliide Truu, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión, atopa de mañá no seu xardín a Zara, unha rapaza rusa que, vítima do tráfico de mulleres, precisa da súa axuda para non volver caer nas mans dos seus captores. Así comenza esta historia que se abre camiño entre as traizóns, a violencia e o medo para permitir que estas dúas mulleres acaden finalmente a purificación, a purga completa das súas vidas.
Cun vibrante ritmo e unha intriga que se desvela devagar ata a resolución do enigma nas últimas páxinas, a narración alterna presente e pasado para denunciar tanto a explotación sexual na Europa contemporánea como os totalitarismos políticos do século XX, amosando de que xeito a represión que sufriu Estonia durante os anos de ocupación soviética derivou nun desarraigo da poboación autóctona que chega ata os nosos días.
AutorSOFI OKSANEN
TraductorAHOLA, TUULA
Año Edición2011
Nº de páginas348
ISBN978-84-92866-24-3

Productos Relacionados