2º Concurso "Balbino" de Relatos

Publicado Por: Ler Librerías

Baixo o nome da emblemática personaxe literaria de Balbino, do libro "Memorias dun neno labrego", creada polo escritor Xosé Neira Vilas; este certame xurdiu co fin de promover a literatura, a lingua e aos/ás escritores/as de Galicia.

O concurso conta cun premio de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora.

O Concurso "Balbino" de Relatos nace coa idea de promocionar a nosa literatura, a nosa lingua, aos escritores máis novos e aos xa consagrados.

O certame "Balbino" de relatos, pretende ser un estímulo para todas as persoas que queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura, contando cunha periocidade anual e unha temática sempre vinculada coas nosas tradicións, coa nosa xente, cos nosos costumes, co noso xeito de vida, coas nosas raíces...

Este concurso promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe, SL conta coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os Concellos de Vila de Cruces e Boqueixón.

Podes descargar as bases na web do concurso: http://www.concursobalbino.com/

Comentarios

Deje su comentario